Benvida
A Escoliña abre as súas portas o 1 de xullo de 2014 para dar resposta á demanda de moitas familias. Nacemos na aldea, en Rus, para ofrecer un servizo esencial no rural, para comodidade das familias que aquí viven.
No 2016 decidín abrir un local físico en Carballo para atender a gran demanda que nos xurdía dende o centro. Pero sen deixar nunca a atención ás aldeas.
O meu traballo está caracterizado por unha atención persoal e cercana. Centrándonme nas capacidades dos nenos e nenas para favorecer, e chegar a conseguir, unha autonomía persoal así como mellorar a autoestima e a confianza en elas mesmas. Para iso, procuramos aprender dunha maneira amena e significativa facendo gran fincapé na adquisición de hábitos e técnicas de estudo e na resolución de problemas.
Ademais asesoramos ás famlias dende o primeiro minuto para unificar criterios e lograr xuntos uns obxectivos comúns.
Traballamos en grupos que nunca superan as 4 persoas, para ofrecer unha atención de calidade e o máis persoal posible, con metodos e recursos propios e adaptados ás necesidades de cada suxeito.
As nosas clases son activas con métodos e técnicas de aprendizaxe elaboradas por nós e adaptadas a cada particularidade. O noso compromiso é o de ofrecer unha atención de callidade e para iso nas sesións NUNCA haberá MÁIS DE 4 usuarios por sesión (salvo en momentos puntuais do curso). Isto supón unha atención máis eficiencente, individual e específica.
Como mestres de Educación Primaria, graduados pola Universidade de Santiago de Compostela e Especialistas en Educación Musical e Educación Física. Con experiencia en diferentes ámbitos da Educación.
Son mestre de Educación Primaria, graduado pola Universidade de Santiago de Compostela e Especialista en Educación Musical. Con experiencia en diferentes ámbitos da Educación como en Altas Capacidades e Discapacidade Intelectual, así como en diferentes trastornos da aprendizaxe.
Se nos queres coñecer visítenos na Rúa Luís Calvo 29, 1ºD en Carballo. As nosas portas están sempre abertas.