top of page

Clases Solidarias

Na Escoliña temos como primeira premisa non deixar a ningunha familia sen clases de apoio sexa cal sexa a súa situación socioeconómica.

 

Empecei impartindo clases a familias sen recursos de balde ou a prezos moi económicos (1 euro a hora). Anos despois sigo axudando ás familias sen recursos económicos ou en situación de vulnerabilidade como: familias víctimas de violencia de xénero, malos tratos infantiles, etc. 

Actualmente atendemos a varias familias en situación de emerxencia social, asumindo nós esa falta de ingresos desas prazas e do material escolar que lles facilitamos durante todo o curso.

Ademais, durante todo o anos, realizamos obradoiros de manualidades e actividades ao aire libre ou obradoiros de Lingua de Signos, todo iso gratuíto.

Por iso, para que esas familias sigan tendo clases gratuítas e poder realizar actividades de balde precisamos axuda económica xa que, ante todo, A Escoliña é un negocio e necesitamos facer fronte a facturas e gastos de todas estas actividades.

Se queredes se parte deste proxecto e facer algunha aportación económica, ou material, podedes facer unha doazón na conta de paypal: paypal.me/ricardorus 

bottom of page