Ricardo Rei
Son mestre Graduado en Educación Primaria con mención en Educación Musical pola universidade de Santiago de Compostela.
Os meus estudos diversifícanse en distintos ámbitos como a Igualdade de Xénero ou a intervención educativa na Diversidade Cognitiva: discapacidade intelectual e altas capacidades. Así como formación medioambiental e na innovación de recursos didácticos para a ensinanza.
Son Monitor de Ocio e Tempo Libre e teño formación en Lingua de Signos Española: en comunicación B1. Levo varios anos formando a nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil no ámbito da Lingua de Signos en diferentes Colexios da zona de Bergantiños. Impartindo tamén obradoiros de iniciación nesta lingua en diferentes asociacións.
Dende o 2010 imparto clases de apoio e reforzo educativo a alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria en todas as materias. Centrándome en hábitos e técnicas de estudo, autonomía persoal, autoconcepto e autoestima e resolución de problemas.
Son músico, toco: a batería, gaita, pandeireta entre outros. Aínda que só imparto clases de frauta para primaria e de solfexo e linguaxe musical de Primaria e ESO.
Colaboro tamén en diferentes programas como voluntario en varios colectivos de forma habitual.