Normas e información para o curso 2018/2019
(do 1 de agosto de 2019 ao 31 de agosto de 2020)
-
Rexémonos polo calendario escolar (orde do 28 de maio de 2018) e polo calendario laboral do Concello de Carballo, polo que serán non lectivos os días que establezan. Ademais estableceremos uns días de vacacións persoais e de días propios durante o curso. Dito calendario é orientado, polo que pode sufrir cambios. Avisarase de calquera cambio coa debida antelación. (ver anexo de non lectivos).
-
Comprometémonos a non sobrepasar as 4 persoas por grupo salvo en casos puntuais como: Semana de exame que poderá aumentar en 2 persoas máximo; recuperación de días 2 persoas máximo; e se entre as familias están de acordo en traballar con un grupo de 5 persoas.
-
Os pagos das mensualidades realizaranse por adiantado, entre os días 1 e 5 de cada mes, en efectivo, PayPal ou transferencia bancaria (con xustificante de pago). Deberase traer a folla cuberta e firmada.
-
Familias desempregadas (todos) poderán facelo entre os días 10 e 15 de mes (Acreditado condición).
-
Os prezos das sesións están prefixados e calculados como compensación de: meses de máis o menos duración, as vacacións e festivos. Por iso os meses de Decembro, Xaneiro, Xuño e o mes no que caia Semana Santa abonarase a cota completa. Polo tanto estes días non son recuperables.
-
As sesións soltas teñen un prezo de 8 euros. (Para Primaria e ESO). A domicilio consultar condicións.
-
Se se comeza as clases antes do día 15 (incluído) abonarase a cota enteira. Entre o 16 e o 25 abonarase a metade da cota. E despois do día 26 cobraranse por días soltos (ver punto 6).
-
É imprescindible ter os pagos ao corrente para poder asistir ás clases. A débeda dunha mensualidade suporá a perda do dereito de asistir ás clases até que esta sexa abonada, e ter todos os pagos ao día. Podéndolles negar o acceso ás clases.
-
Non se devolverá o importe de abandonar as clases á metade de mes. Tampouco é reembolsable a reserva de praza.
-
En caso de non poder asistir deberase avisar con un mínimo de 24 horas de antelación. Non sendo recuperables de non avisar no prazo anteriormente citado, a non ser por causas de forza maior. Os retrasos á entrada das sesión tampouco son recuperables. Está prohibido entrar 10 minutos despois da hora de comezo das sesións.
-
As sesións a recuperar serán sempre dentro do mesmo mes e nos horarios que a Academia teña dispoñibles. En todo caso NON se compensan clases por descontos nas cotas.
-
Se non se asiste os día que se acordou para recuperar as faltas, daranse por recuperadas.
-
Ante a ausencia prolongada ás clases, só se mantería a praza abonando a metade da cota.
-
A praza só se reserva unha semana previo pago da metade da mensualidade. Pasado o prazo, de non asistir e/ou xustificar, entenderase a renuncia á mesma. Non se reserva praza dun curso para outro.
-
O recibo é o único xustificante de pago. É obrigatorio gardar os recibos durante ao menos 3 meses. Poderase solicitar en calquera momento.
Eu, Dna./D.___________________________________________________________con DNI___________________, manifesto que lin e entendín a información recibida. Estou de acordo coa información e aclaración coas dúbidas ao respecto e acepto as normas arriba citadas.
En , a de de 20